O Psdeg-Psoe de Ourense celebra en Celanova o acto central na semana do orgullo lgtbi+ conmemorando os 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario impulsado polo Psoe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PSdeG-PSOE e Xuventudes Socialistas subliñaron que “levamos 20 anos facendo historia, gracias a un Goberno valente, liderado por Jose Luís Rodríguez Zapatero, que aprobou a lei de matrimonio igualitario ou á loita incansable de activistas como Pedro Zerolo”

COMERCIAL ORCELLÓN

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila, destacou que  sinalou que “non podemos baixar a garda e temos que seguir loitando por todos eses dereitos que tanto nos costou conseguir”

Celanova, 27 de xuño do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense e Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron hoxe en Celanova o acto central con motivo da Semana do Orgullo LGTBI+. Un evento no que as e os socialistas aproveitaron para por o foco na efeméride dunha das maiores conquistas democráticas da historia recente do país, como é a aprobación do matrimonio igualitario, impulsado polo PSOE, e da que se compren 20 anos.

O acto, celebrado na Praza Cervantes de Celanova, contou coa presenza de ducias de veciños e veciñas, ademais de cargos orgánicos e institucionais do partido chegados de toda a provincia. PSdeG-PSOE e Xuventudes subliñaron que “levamos 20 anos facendo historia, gracias a un Goberno valente, liderado por Jose Luís Rodríguez Zapatero, ou á loita incansable de activistas como Pedro Zerolo” e fixeron fincapé en que “non foi un agasallo, foi unha vitoria política fronte a unha dereita, que hoxe, igual que entón, oponse á liberdade cando non encaixa na súa estreita moral”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, puxo o foco no “traballo” realizado polo PSOE para “conseguir feitos históricos na defensa das liberdades, da igualdade e do respecto ao colectivo LGTBI” e tamén valorou que Celanova acollese este acto ao estar nun concello “berce da cultura”. O voceiro do grupo provincial socialista e alcalde de Taboadela sinalou que “non podemos baixar a garda e temos que seguir loitando por todos eses dereitos que tanto nos costou conseguir” e apuntou a que “fronte ao odio e os desprezos, a nosa resposta ten que ser clara, máis dereitos, máis igualdade, máis liberdade e máis respecto”.

Durante a súa intervención, o secretario provincial das Xuventudes Socialistas de Ourense, Borja López Fernández, afirmou que “ser LGTBI non debería ser un acto de valentía, pero aínda o é, posto que en demasiados recunchos do rural galego, vivir con liberdade a túa orientación ou identidade segue sendo unha decisión que implica medo, soidade ou rexeitamento”. Neste senso animou aos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia a pendurar a bandeira LGTBI nos seus concellos, xa que tal como subliñou “non se trata de ideoloxía, trátase de humanidade”.

No acto tamén tomou a palabra o secretario de dereitos LGTBI da Executiva Provincial, Javién Alén, quen puxo en valor os exemplos españois na loita LGTBI e a loita dos seus activistas. “Este orgullo é un orgullo de ser, porque xa hai tempo que deixou de ser só amar, estamos ante un orgullo de loita e de resistencia do colectivo”, destacou. Tamén apuntou que “por máis que queira disfrazalo de apolítico, celebrar o orgullo é un acto enormemente político, dende os primeiros valentes que alzaron a voz ata os que hoxe defendemos os nosos dereitos ante unha axenda ultra que os quere derrogar”.

Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Educación, Mocidade, Promoción Empresarial, Emprendemento no concello de Celanova, Teresa Barge Dapía, aproveitou a súa intervención para destacar o compromiso do municipio co colectivo LGTBI+ e repasar as numerosas actividades preparadas dende o ente municipal para conmemorar dita data.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------