O Carballiño celebra o ‘Verán Cultural 2025’ cun programa de máis de 50 actividades de música, teatro e cine

As Concellerías de Cultura e Turismo do Carballiño reforzan a programación lúdica do verán co obxectivo de que a veciñanza e os miles de visitantes que cada verán se achegan ao municipio desfruten da arte e da cultura na rúa. Así, o ‘Verán Cultural 2025’ inclúe máis de 50 actividades de música, teatro, fotografía e cine dirixidas a público de todas as idades. “O Carballiño é un gran referente como destino turístico, queremos que a xente se divirta e desfrute do noso concello”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

A programación arranca mañá co concerto de Zeltia Irevire, que actuará ás 20,00 horas na Praza Maior. A actuación tamén da inicio ao 6º Ciclo de Música de Rúa ‘Feito no Carballiño’, unha aposta do Concello por poñer en valor aqueles grupos musicais vencelladas ao municipio. O domingo, o programa continúa coa 27ª Convivencia Familiar, organizada por Special Olympics Galicia, na que participan preto de 800 persoas con discapacidade, familiares, profesionais, voluntarios e directivos de 19 entidades de toda Galicia. Tamén o domingo se levarán a cabo as Olimpíadas con Froita, unha actividade dirixida a nenos e nenas na que se fomentan hábitos saudables como a inxesta de froitas de tempada.

Durante as próximas semanas, sucederanse actuacións musicais, obradoiros (como o de creación de curtametraxes, impulsado por Xociviga), cine, festivais, pasarrúas ou exposicións artísticas.

A programación arredor da ‘LXIII Festa do Pulpo’ medra este ano, con 20 días de actividades para todos os públicos. A datas tradicionais como a elaboración da Tapa de Pulpo máis grande do mundo ou o Concurso de Camisetas únense citas como o Día do Emigrante ou a Mostra de Viños. O Concello quixo facer unha especial chiscadela aos emigrantes do Carballiño que cada verán regresan á terriña para desfrutar das súas raíces. “Facemos o Día do Emigrante para homenaxear a súa gran contribución ao noso municipio”, explica Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

A enocultura tamén terá o seu oco a través da Mostra de Viños, na que participará unha representación de adegas da D.O. Ribeiro, ademais de dúas adegas internacionais, unha de Noventa Padovana (Italia) e outra de Alijó (Portugal) -ambas localidades están irmandadas co Carballiño-.

Diego Fernández e Manuel Dacal animan á poboación a participar na programación e a desfrutar da amplia e variada oferta cultural para estes meses. O Verán Cultural rematará o 13 de setembro co concerto dun dos músicos máis coñecidos do panorama galego: Xabier Díaz. Xunto ás Adufeiras de Salitre, porá o broche de ouro as máis de 50 actividades previstas.

E este é o programa completo do ‘Verán Cultural 2025’, que se desenvolve durante os meses de xullo, agosto e setembro:

XULLO 2025

____________________________________________

CONCERTO – CONCERTO – ZELTIA IREVIRE

sábado, 5 ás 20 h na Praza Maior

27º CONVIVENCIA FAMILIAR DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

INTELECTUAL – FADEMGA ESPECIAL OLIMPYCS

domingo, 6 ás 11:00h no Parque Municipal

OLIMPIADAS CON FROITA

domingo, 6 ás 19 h na Praza da Vera Cruz

ENTROIDO DE VERÁN

sábado, 12  – ás 20 h DESFILE

       – 21.30-22.30 e 23.30-01.30 DISCO EPOCALISIS

ELOS-MARTA BRAVO & SÉRGIO TANNUS

domingo, 13 ás 20 h na rúa Perfectino Viéitez

OBRADOIRO INTENSIVO DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES. Organiza A.C XOCIVIGA

Do 14 ó 24 de xullo

Semana 1: luns a xoves de 10 a 14.30 h/venres de 10 a 14 h

Semana 2: luns a mércores de 10 a 14 h e 16 a 20 h/xoves de 10 a 14 h

Créditos: 6 créditos ECTS / Certificación de OFF ESCAC

15ª EDICIÓN CINE DE FLORES. Organiza Cine Club Carballiño

15, 16 e 17 ás 22.30 h no Barrio de Flores

martes, 15: Tralas luces

mércores, 16: Rock bottom

xoves, 17: La marsellesa de los borrachos

16ª EDICIÓN FESTA DA PALABRA. Fundación Ínsua dos Poetas

sábado, 19 ás 11.30 h na Ínsua dos Poetas

CONCERTO – CERVAN + SUEÑOS DE ÍTACA

sábado, 19 a partir das 20.30 h na Praza da Vera Cruz

CONCERTO – ALEXANDRE CABANELAS TRÍO

domingo, 20 ás  20 h rúa Principal

DÍA DA EMIGRACIÓN: Concerto de música e animación musical de rúa

xoves, 24

CONCERTO – ROBERTO SOBRADO

venres, 25 ás 20.30 h na Praza Irmáns Prieto

XXXI FESTIVAL DE HABANERAS. Organiza Orfeón do Carballiño

sábado, 26 ás 20.30 h no Auditorio

CONCERTO – SOUL & ROLL

sábado, 26 ás 21 h na Praza Maior

CONCERTO – SEZZ

domingo 27 ás 20.30 h na rúa Curros Enríquez

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS

ACTIVIDADES INFANTÍS

Do 28 de xullo ao 1 de agosto, a partir das 18.30 na Praza da Veracruz

FEIRA E MÚSICA CON CANTOS DE TABERNA

PASARRÚAS con FEITIZO DE PAU

xoves, 31 ás 11 h polas rúas da vila

ANIMACIÓN Á LECTURA. CONTOS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

– A CICLOBIBLIOTECA. Pograma Ler conta moito

xoves, 31 ás 12 h na Praza Antón Losada Diéguez

___________________________________________________

AGOSTO 2025

______________________________________________

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS

ACTIVIDADES INFANTÍS

Do 28 de xullo ao 1 de agosto, a partir das 18.30 na Praza da Veracruz

CONCERTO – TACROLIMUS

venres, 1 ás 21 h na Praza Maior

MOSTRA DE VIÑOS

Adegas abertas de 12 a 15 h e de 20 a 23.30

Sábado, 2  – ás 12 h – Praza Maior e ás 21.30 h – rúas: Animación musical POLO PAN BAILA O CAN

      – ás 21 h – Praza Maior: CONCERTO – TRES PESOS

Domingo, 3 – ás 12 h – Praza Maior e ás 21.30 h – rúas: Animación musical PERRITO PILOTO

– ás 21 h – Praza Maior: CONCERTO – AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA

CONCERTO – ISIDRO VIDAL

luns, 4 ás 20 h na Praza Maior

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

martes, 5 ás 20 h na Praza Maior Animación musical 80-90´DJ TIBU 80

CONCERTO CUARTETO ALFONSO MEDELA “ON CUE”

mércores, 6 ás 23 h na Praza da Vera Cruz

ACTUACIÓN DOS CORIBANTES DE BUCHABADE. 20 ANOS DE MÚSICA

xoves, 7 ás 20.30 h na Praza da Vera Cruz

CONCERTO DE ZAPATO VELOZ E LOS LIMONES

venres, 8 ás 23 h na Praza Maior

FESTA DAS CAMISETAS

sábado, 9 – ás 18 h polas rúas animación musical da BATUCADA BATE NO COBRE

– ás 23 h na Praza Maior CONCERTO de GIN TONICS

FESTA DO PULPO

domingo, 10 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila

Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL

– a partir das 11.30 h no Parque Municipal

FESTIVAL FOLCLÓRICO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: BANDA DE GAITAS OS CATRO VENTOS / UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA / CANTA NAS CROAS / PELEPAU

– de 22.30 a 24.30 h na Praza Maior

ORQUESTRA LA OCA BAND

17º FESTIVAL DE TÍTERES

Do 12 ao 15 ás 19.00 h na Explanada do Parque

Día 12 – AS ALMOFADAS SOÑADORAS + OBRADOIRO de AsSircópatas

Día 13 – AS AVENTURAS DE PITUQUIÑO + OBRADOIRO de Trécola Producións

Día 14 – VARIETÉS DO ANIMALARIO + OBRADOIRO de Paporrubio

Día 15 – SEN DESTINO + OBRADOIRO de Nómadas

XORNADAS DE FOLCLORE INTERNACIONAL. Deputación de Ourense

sábado, 16 ás 22.30 na Praza Maior

Países participantes: Irlanda – Georgia – Chile

CONCERTO – MINO

sábado, 23 ás 20.30 na Praza Maior

___________________________________________________

SETEMBRO 2024

______________________________________________

ANIMACIÓN Á LECTURA.

– OS CONTOS DO GATO de BANDULLO AZUL. Programa Ler conta moito

venres, 12 ás 17.30 h na Biblioteca municipal

FIVE PIPERS – SUSI Q´S – OS KAMBOTES

venres, 12 ás 20.30 h na Praza Irmáns Prieto

CONCERTO Rede Galega de Teatros e Auditorios

XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE – AXÚDAME A SENTIR

sábado, 13 ás 23 h na Praza Maior

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------