A Deputación pon en marcha un programa de termalismo pioneiro en España que estudará os beneficios da balneoterapia en pacientes con artrose de xeonllo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor citou a “innovación e a eficacia” dos proxectos termais da Deputación, cun “crecemento exponencial” dende a pandemia

A iniciativa piloto estrearase no balneario de Laias a próxima semana, con 40 usuarios que realizarán unha terapia deseñada por especialistas médicos

COMERCIAL ORCELLÓN

A Cátedra de Hidroloxía Médica da USC, o Campus da Auga e Termatalia son axentes de cooperación desta nova iniciativa

Ourense, 9 de xullo de 2025.

A Deputación de Ourense, a través da Área de Benestar, presentou hoxe o novo programa de termalismo como terapia nun proceso patolóxico, neste caso a artrose de xeonllo. Trátase dunha iniciativa experimental en España que pretende poñer en valor a hidroloxía médica, así como o seu potencial e as súas posibilidades para ser considerada tecnoloxía sanitaria. O presidente provincial, Luis Menor, sinalou este proxecto como “unha proba máis da cooperación institucional”, co obxectivo permanente da Deputación de que “o termalismo non sexa só un slogan, senón unha realidade”.

O programa experimental de termalismo como terapia coadxuvante fronte á artrose de xeonllo, tal e como explicou o presidente provincial, iniciarase a próxima semana no balneario de Laias, onde ata 40 pacientes –xa hai 30 interesados– realizarán durante nove días un programa que contempla diferentes técnicas termais en torno á auga, deseñadas polos especialistas médicos, para estudar os beneficios da balneoterapia na súa doenza. Médicos de Atención Primaria seleccionaron esta primeira mostra de usuarios en base a criterios médicos, para estudar os beneficios das augas na súa enfermidade.

Menor sinalou o carácter “pioneiro” do programa, xa que será a primeira vez que vez España un programa de estas características se focaliza nun proceso patolóxico concreto e con implicación directa de profesionais médicos e da saúde.

“Este programa é un paso máis da constante innovación en programas referentes en todo o Estado, como é o caso do termalismo social”, indicou Luis Menor, que detallou resultados como o do programa contra a soidade non desexada, cun “crecemento exponencial” en tres anos, ao pasar de 30 a 200 usuarios, con un total de 22 concellos implicados.

Menor tamén fixo referencia á incorporación do balneario de Allariz ao programa de termalismo social e aos beneficios da próxima apertura do balneario de Berán. “O termalismo social está na súa mellor época e na súa mellor cifra tralo covid, non só mantemos, senón que medramos”, destacou.

O presidente provincial destacou tamén o obxectivo de que a oferta termal siga medrando con criterios de “innovación e eficacia”.

Laias, o laboratorio que marcará o camiño

Por outra banda, o director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, cualificou este programa experimental como “un paso máis, un avance” nas iniciativas de termalismo da Deputación, poñendo en valor o “liderado” da institución ourensá neste tipo de proxectos termais. “Lais vai ser un laboratorio que marcará o camiño para que nun futuro poidan ser outras patoloxías ás que centren máis programas”, dixo.

Pola súa banda, Dolores Fernández, da cátedra de Hidroloxía Médica da USC, explicou a idoneidade na elección da artrose como a patoloxía máis axeitada para este programa, debido fundamentalmente á súa frecuencia e ás posibilidades de mellora que ofrecen as terapias nos balnearios, probadas noutros países fronte a esta tipoloxía.

Ademais, Montserrat Cruz, profesora do Campus Auga e organizadora do Congreso Internacional de Balneoterapia sinalou esta iniciativa como un “estudo relevante” para este cónclave, no que haberá unha xornada de portas abertas para coñecer o programa experimental presentado hoxe.

Rogelio Martínez, director Xerente de Expourense e de Termatalia, puxo en valor a cooperación institucional en materia termal, sector no que, dixo, “se ten avanzado máis no último ano que nos últimos dez”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------