Aspadisi recibe os 1.000 euros donados solidariamente pola clientela dos Eroski

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Discapacitados Intelectuais (Aspadisi) do Carballiño recibíu hoxe a recadación dos donativos recollidos durante a campaña promovida dende a cadena de supermercados Eroski ao longo das últimas semanas. O cheque simbólico coa cantidade de 1.000 euros finalmente recadada foi entregado na mañá de hoxe pola xefa de tenda de Eroski, Marta Sotelo, á presidenta de Aspadisi, Josefa Rodríguez, que estivo acompañada por Manuel Amil, tamén directivo da entidade.

Josefa Rodríguez agradeceu a implicación da dirección e persoal de Eroski nesta campaña e tamén a solidariedade amosada pola clientela dos dous supermercados ubicados no Carballiño, nas rúas Calvo Sotelo (onde se celebrou o acto) e Evaristo Vaamonde. Pola súa banda, Manuel Amil apuntou que “esta cantidade, ao igual cá outras que se recaden no futuro, irá destinada a un fondo para aquelas persoas de Aspadisi que desexen aloxarse na nosa residencia e non teñan disponibilidade económica para sufragar a súa estadía”, avanzou Manuel Amil.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os dous establecementos comerciais que posúe a cadea Eroski no Carballiño puxeron hoxe en marcha esta campaña de recollida de donativos para Aspadisi, que os clientes poden aportar no momento de pagar as súas compras. Esta iniciativa da rede de supermercados comezara hai alguns meses cando os propios clientes estaban chamados a unha votación para elixir a entidade a cal irían destinados os donativos, propoñendo entón a Asociación de acollida de mascotas (Arume) e a propia Aspadisi, que, finalmente foi a gañadora.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------