Espazo Común traslada á Corporación as reivindicacións do personal dos supermercados da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común vén de anunciar que proporá a Corporación do Carballiño un compromiso de apoio ás reivindicacións de melloras salariais formuladas polas traballadoras e traballadores do sector da alimentación da provincia de Ourense. A correspondente moción será trasladada para o seu debate na sesión plenaria deste mes de xullo.

COMERCIAL ORCELLÓN

Dende Espazo Común lembran que “hai xa meses que os traballadores do sector da alimentación de varios grandes grupos de supermercados de toda a provincia de Ourense comezaron a reivindicar o seu dereito a ter unhas condicións laborais dignas e a non sufrir discriminación con respecto a outros traballadores das mesmas cadeas”, ao traverso de folgas, manifestacións e mobilizacións de todo tipo que non obtiveron a resposta axeitada da patronal do sector.

Engaden que “as súas demandas non poden ser máis xustas, pois segundo os datos perciben ata 3.000 euros menos ao ano a causa do convenio desta provincia con respecto a xente que fai exactamente o mesmo cometido na Coruña ou en Pontevedra”. Neste sentido, consideran que “non é xusto que as xentes de Ourense nos teñamos que resignar a ser sempre os últimos en todo e, por suposto, dende Espazo Común temos moi claro que apoiamos as súas demandas”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------