EXTRACTO DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS
E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2025/2026.
Axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2025/2026
BDNS (Identif.): 842427
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base
de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/
842427).
As presentes bases teñen por obxecto a regulación, tomando como marco legal a Ordenanza
xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe ao mesmo tempo pola
Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e as bases de execución do orzamento do
Concello do Carballiño, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para
adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ás familias con menor poder adquisitivo
do Concello do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos
ou concertados do Concello do Carballiño.
Segunda. Beneficiarios/as
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño e nas que:
- Todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño
con seis meses de antigüidade, como mínimo. - Os/as solicitantes estean matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e Educación Primaria
e Secundaria nun centro educativo do Concello do Carballiño. No caso de cambiarse a un
centro educativo doutro concello (despois de solicitar a axuda) non terá dereito a percibila. - Non superen os 9000 € de renda per cápita anual (9000 euros por membro da unidade familiar).
Cando se presente a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio
fiscal 2024, sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro e dividirase entre os
membros da unidade de convivencia. De non estar obrigado/a a presentar a declaración, teranse en
conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración
Tributaria e os restantes ingresos declarados conforme coa documentación que teñen que achegar
segundo a base 6ª. Para os efectos destas bases considérase que forman a unidade familiar de
convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico, e que se atopen vinculadas
co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga de afectividade, por
adopción, acollemento ou parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao, ou de afinidade ata o
segundo grao.
A pesar do anterior, cando nunha mesma unidade de convivencia existan unha ou máis unidades
familiares con menores ao seu cargo, considéranse que cada unha delas constitúen unha unidade
familiar independente.
En todo caso a unidade de convivencia deberá estar formada por todos os membros que aparecen
no libro de familia salvo casos debidamente xustificados.
Nos casos de separación ou divorcio considerarase ao pai ou á nai que teña a custodia dos/das
menores por sentenza xudicial.
No caso de custodia compartida consideraranse a ambos proxenitores.
Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar
a renda per cápita familiar
As familias monoparentais deberán presentar o certificado que acredite esta condición.
Terceira. Crédito - O importe total asignado no orzamento municipal que se destina é de 40.000 euros, que se
financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 326.00/48001 consignada no orzamento municipal
de 2025. - Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, prevese a posibilidade de ampliar o crédito
nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito como
consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria
que proceda.
O órgano que concede publicará a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria,
sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio
de novo computo de prazo para resolver. - As axudas serán compatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse, coa mesma
finalidade, doutras administracións públicas ou privadas, non podendo superar a suma das axudas
o importe do gasto total. - Contía máxima das axudas será de:
Educación Infantil, 120 €.
Educación Primaria e Secundaria: 60 €.
Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación. - As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude
no modelo normalizado (que se lle facilitará no propio concello) no prazo de quince días hábiles
contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP (trala
comunicación efectuada para o efecto pola BDNS), no Rexistro Municipal do Concello do Carballiño
ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico
do sector público