Vales Profecía é o título do novo poemario do galego Marcos de la Fuente, poeta residente en Nova York que presenta o libro este mércores na Libreria Eixo. Versos incendiarios escritos desde Nova York e editados por Espasa Editorial para toda España. Unha colección de poemas que falan das raíces galegas, da emigración, de crítica social, de ecoloxía e, por suposto, da cidade de Nova York, onde o poeta vive coa súa muller, a artista viguesa Vanesa Álvarez. Xuntos, organizan o Festival Kerouac, desde hai 15 anos en Vigo e desde fai 10 tamén na cidade dos rañaceos.
Para a presentación e recital en Ourense, de la Fuente estará acompañado de dous nomes coñecidos na escena cultural galega: o gaiteiro Isidro Vidal e o poeta e músico José Lameiras. Xuntos, falarán do poemario e darán un recital de gaita, guitarra, caixa de ritmos e voz. Unha experiencia musical e poética de tres creadores galegos que se reúnen en Ourense para expandir a poesía e mesturala con música e performance.
Despois da charla e do recital, haberá tempo para a firma de libros e conversación co autor.
De Nova York a Ourense coa poesía. O poeta Marcos de la Fuente presenta o seu libro na librería Eixo.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------