O Teatro do Vilar prologou a MIT de Ribadavia na noite de onte

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) deu un primeiro paso cara o seu arranque oficial xa onte, xoves, cando o grupo afeccionado, Teatro do Vilar, de Ribadavia; abriu na súa propia vila a pre-MIT coa función “Memoria dun tempo” dirixida por Mikel Aristegui e co reparto conformado por Juan Carlos Fernández, Esther Pumar, Marcos González, Rafael Carrera, María García, Bea Cendón, Pablo Pérez, Silvia Estévez, Nerea Sousa, Isabel Alonso. A cargo das luces e son estivo Diego Febrero e do vestiario Merchi Rodríguez.

O texto interpretado, “Memoria dun tempo”, é unha adaptación de “Memoria de un bolero” de Rafael Campos que no serán de onte encheu o Auditorio do Castelo dos Condes para degustar o gran talento desta agrupación teatral nunha comedia musical onde as personaxes, atrapadas entre o glamour do espectáculo e a realidade dunha época gris, seguiron, malia todo, cantando.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------