Ribadavia presenta a campaña de actividades para o Nadal

O Concello de Ribadavia e Establecementos Asociados do Ribeiro veñen de presentar unha campaña de actividades para dinamizar o Nadal 2020 no concello de Ribadavia. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Ribadavia, César Fernández, a presidenta de Establecementos Asociados do Ribeiro, Manuela Rodríguez Vidal, a concelleira de cultura do concellode Ribadavia, Yolanda Gómez e o representante da empresa Hípica Celta, Darío Escudero.

Con esta campaña de actividades, o Concello e establecementos asociados pretenden fomentar a creación dun ambiente de nadal baseado baseado na cooperación e participación de toda a cidadanía, para deste xeito que o espírito do Nadal contribúa a levar mellor os tempos de dificultades que estamos a vivira raíz da crise sanitaria do COVID-19.

Dentro das actividades que se propoñen está un concurso de decoración navideña de árbores nas parroquias do concello con materiais reciclables, este concurso está dotado con un premio de 300€ para consumir no comercio local, e os interesados en participar poderán inscribirse na Casa da Cultura de Ribadavia de luns a venres en horario de 9:00-14:30h. // 16:00-20:30h., de forma presencial cubrindo un formulario, por email enviando os seguintes datos (Nome e apelidos dun representante da asociación de veciños ou colectivo, dirección da árbore que se presenta e número de teléfono) a casacultura@ribadavia.es, ou por teléfono chamando ao 988471900.

Publicidade Premer na Imaxe

Levarase a cabo tamén un concurso de decoración navideña (“Nadal nos barrios”) destinado aos comerciantes e á veciñanza en xeral para decorar escaparates, casas ou espazos públicos, fomentando a participación cidadá e contribuíndo a crear ambiente navideño. En este concurso haberá tres categorías (familias, comerciantes e colectivos) e o premio para os gañadores en cada unha das categorías será de 200€. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na Casa da Cultura de Ribadavia de luns a venres en horario de 9:00-14:30h. // 16:00-20:30h de forma presencial, por email ao enderezo casacultura@ribadavia.es, ou por teléfono chamando ao 988471900.

Por último, outra das actividades desta campaña de nadal diferente será unha campaña de videochamadas de Papá Noel e os Reis Magos aos mais cativos da casa, para que poidan comunicarse con eles de xeito virtual cumprindo coas esixencias da situación derivada do COVID-19. Con esta campaña de videochamadas, que se fai en colaboración coa compañía de eventos culturais Hípica Celta, os mais cativos da casa poderán trasladarlle as súas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos de Oriente de xeito virtual. Para participar nesta campaña, as nais e pais dos nenos poderán inscribilos na plataforma dixital www.nadal2020.es ou www.nadal2020.com ou ben chamar ao teléfono 641585245. A inscrición para Papá Noel será do 25 de novembro ata o 17 de decembro, e para os Reis Magos será do 25 ao 29 de decembro.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “Con esta campaña de actividades de nadal pretendemos reforzar a participación da cidadanía pedíndolle que se involucre na decoración navideña, reforzando o carácter participativo e fraternal destas datas do Nadal. Ademáis, pretendemos que os mais cativos da casa, que son os verdadeiros protagonistas destas datas, non perdan a ilusión e podan contactar con Papá noel e os Reis Magos para trasladarlle as súas peticións dun xeito seguro e adaptado as esixencias da situación sanitaria que estamos a vivir.”