A Festa do Pulpo homenaxeará a Felipe Senén e ás pulpeiras e abre a inscrición do concurso de camisetas

Hoxe, os concelleiro de cultura e turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, presentaron de xeito oficial a programación cultural para estas dúas semanas previas á Festa do Pulpo.

Comezará ca Semana Grande para Pequenos, do 1 ao 5 de agosto, de luns a xoves na a Praza Maior e o venres na Praza Veracruz, en horario de 19.00 a 21.00 horas. Mañá martes inchable, coches a pedais e mini obradoiro; o mércores, obradoiro de maxia; o xoves, inchable e obradoiro. E o venres, para rematar, Festa da escuma.

AVANTAR ACTIVIDADES

O xoves, ás 20:30, Clase de fitness, na Praza Maior, da man de +Deporte La Región. O venres Orquestra de Cámara Galega e Música de Rúa “Feito no Carballiño”, con “OS TRES GALEGUIÑOS. O sábado, Festival de Habaneras, da man do Orfeón e  Música de Rúa “Feito no Carballiño”  con IR E VIRE. E o domingo, festival mundial de ilusionismo.

A semana grande abrirá o luns día 8, ca homenaxe ás pulpeiras e a Felipe Senén e familia, pola tradición pulpeira. Rematará, ás 20:30 con Música de rúa, con EL HECHIZO DE NOA na Praza Maior.

O martes, a tapa de pulpo máis grande do mundo, batendo récord ata os 515 quilos de pulpo e tamén con postre, da man da pastelería Royal. Rematará, ás 21:00 horas, con Música de rúa, da man de SOUL & ROLL, na Praza Maior.

O mércores, Festival de Folclore Internacional, con países como Angola, Costa de Marfil, Chile, Indonesia ou México. Máis música o xoves, co concerto de Roi Casal e o venres, a orquestra El Combo Dominicano. O sábado será a quenda do concurso se camisetas, que anunciamos que dende hoxe xa ten o prazo aberto de inscrición de participantes. Estará amenizada por Dj Tibu e por El Pirata, locutor en Rock FM.

E xa o domingo, será o día grande, a Festa do Pulpo, recuperando xa o seu formato tradicional no parque municipal, amenizada por charangas durante toda a mañá tanto nas rúas coma no parque. Recordamos que as entradas para acceder ó recinto non se poderán adquirir ata o propio día na entrada do mesmo, con 800 persoas de aforo previsto, unha redución con respecto ós últimos anos. Rematará ás 23:30 horas, co Concerto de música de GIN TONI´S, na Praza Maior.