As carballiñesas Ana e Begoña Alfaro gañan en Vigo o ‘XVI Rallye das Donas’

O equipo da escudería carballiñesa Arenteiro Clásicos integrado por Ana Alfaro, piloto, e Begoña Alfaro, copiloto, gañaron aos mandos dun Mini a décimosexta edición do ‘Rallye das Donas’, celebrado na cidade de Vigo a pasada fin de semana. Esta proba é un rallie de regularidade histórica reservado exclusivamente para equipos femininos e congregou aos mellores dúos da especialidade, cun total de 27 na clasificación final.

Tra-lo triunfo de Ana e Begoña Alfaro, o segundo posto no podio tamén foi para outro equipo de Arenteiro Clásicos, o formado por Beatriz López e Beatriz Álvarez, que a pesares de non superar ás gañadoras demostraron un gran nivel competitivo co seu BMW.

Finalmente, o terceiro tándem da escudería carballiñesa que participou na competición foi o composto por Carmen Mosquera e Ana González, aos mandos dun Audio Coupé Gt, que aínda que lograron rodar na sexta posición ao longo da proba. unha penalización fíxoas descender ata o posto 22º da táboa clasificatoria. A xove Ana González, que debutaba ao carón da súa nai, salientou esta experiencia como “moi positiva” e que o seu desexo é “repetir en vindeiros rallies”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------