A tenda OZOCOgz celebra este venres (día 23) o Día de Rosalía.

Anímate e acompáñanos este venres 23 de febreiro na celebración máis un ano do Día de Rosalía.

Estás convidada / estás convidado a unha cunquiña de Caldo de Gloria e a ler un poemiña da nosa poeta nacional.Ademais disto temos tamén unha sorpresa para todas e todos, as e os, que nos merquedes un libro até o 3 de marzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por cada compra na que se inclúa, cando menos un libro en galego (nós non os temos noutra lingua) levaredes de agasallo un exemplar desta escolma rosaliana titulada ‘Celebrarmos Rosalía’, realizada por Anxo Angueira e editada por Casa de Rosalía e Edición Xistral, quen trasladaron esta bonita iniciativa a todas as librarías galegas.

Tamén para compras feitas a través da nosa web.Esta é unha iniciativa das fundacións Rosalía de Castro e Xistral. Poderás beneficiarte desta iniciativa mercando algún libro en galego en calquera das librarías de Galiza.Até esgotar existencias