O Concello de Ribadavia celebrou o día das Letras Galegas con distintas actividades online

O concello deu a coñecer os debuxos gañadores de todolos nenos e nenas que participaron pintando as letras galegas e a Ricardo Carballo. Os premios, vales de 30 e 15 euros para mercar no comercio local, entregaránse este xoves 21 de maio ás 12:00h na Biblioteca Municipal de Ribadavia-Casa da Cultura. O xurado estivo formado por:

-Teresa Rivela, responsable da Biblioteca Municipal de Ribadavia
-Carla Varela, representante da ANPA do CEIP Ribadavia

-Raquel Rodríguez, directora do CRA (cole rural agrupado) Amencer

-María Jesús García, mestra do CEIP Ribadavia

Publicidade Premer na Imaxe

-Yolanda Gómez, concelleira de cultura

-César Fernandez, alcalde de Ribadavia

VIDEO

O concello e a biblioteca pública municipal colaboraron para poñer en marcha unha iniciativa para conmemorar a Ricardo carballo co nome “Lecturas confinadas da obra de Carvalho Calero”. Roberto Pascual, Luisa Escudero, Maite Rodríguez, Isolina Rionegro, Clara Loeda, Anita, María José Escudero, Jorge Dos Santos Couto e Yolanda Gómez enviaron videos coa lectura de obras Carvalho Calero para festexar o Día das Letras Galegas. Rematou a xornada o alcalde, César Fdez, cun vídeo no que tamén se sumou a esta iniciativa.

A biblioteca pública municipal publica na súa paxina de Facebook links a entrevistas, scape room, pinturas, caricaturas, ao libro de Os Bolechas adicado a Carvalho Calero, concertos polo dia das letras galegas e outras actividades online realizadas con motivo desta celebración por distintas asociacions, particulares e institucions públicas.