Espazo Común amosa o seu apoio á plataforma en defensa do tren da Gudiña

Espazo Común vén de anunciar o seu apoio á Plataforma en Defensa do Tren da Gudiña e que proporá a tódolos partidos que conforman a Corporación Municipal do Carballiño a aprobación dunha declaración institucional na sesión plenaria convocada para o vindeiro venres, 1 de agosto.

Dende esta formación política subliñan que “a totalidade da provincia de Ourense ten moito en xogo no que está a acontecer cos trens que foron suprimidos na estación da Gudiña. Non podemos seguir sendo os que sempre teñen que renunciar, non podemos resignarnos a ser os que sempre temos que por a outra meixela e ver como nos van arrebatando servizos e calidade de vida. A defensa do tren das xentes da Gudiña é a loita de todos nós polo que non podemos permanecer alleos”.

Por iso, dende Espazo Común apuntan que “desexamos amosar o noso firme e decidido apoio aos veciños, concellos e asociacións de toda índole que compoñen a Plataforma en Defensa do Tren da Gudiña”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------