A Deputación recibe aos rapaces e rapazas saharauis que están a pasar o verán na provincia dentro do programa “Vacacións en paz”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, foi o encargado de recibir aos rapaces e rapazas e ás súas familias de acollida, no marco do programa que vén desenvolvendo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui desde hai máis de 30 anos: “A Deputación de Ourense, o concello de concellos da nosa provincia, é a vosa casa”, sinalou

Ourense, 8 de agosto de 2025.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial aos  nenos e nenas saharauis que están a pasar o verán na provincia, dentro do programa “Vacacións en paz” que desenvolve desde hai máis de 30 anos a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. De feito, os responsables desta organización destacaron o “apoio constante” da Deputación de Ourense durante estas máis de tres décadas.

O principal obxectivo deste programa é o de trasladar a nenos/as,  nados no medio dun clima de guerra, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias dos Concellos de Galicia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase de propiciarlles unha estancia agradable e ofrecerlles, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharaui.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------