Permanece declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia.
Están activos os incendios de Agolada-O Sexo (desactivada Situación 2 e 400 ha), Chandrexa de Queixa e Vilariño (son un único incendio con arredor de 17.500 ha afectadas), Maceda (Santiso e Castro de Escuadro uníronse con 3.000 ha), Oímbra-A Granxa (11.000), A Mezquita-A Esculqueira (9.500 ha), Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha), Vilardevós-Moialde (500), Vilardevós-Fumaces e a Trepa (100), Larouco-Seadur (6.000 ha), Xinzo de Limia-Gudín (150 ha), Carballeda de Avia-Vilar de Condes (1.300 ha), Beade-As Regadas (100 ha) e San Cibrao das Viñas-Rante (20 ha).
Están estabilizados os lumes de Cervantes-Vilarello (150 ha), O Saviñao-Chave (60 ha) Muxía-Nosa Señora da O (23 ha), Montederramo-Paredes (120 ha) e Dozón-O Castro (400 ha).
Permanecen controlados Toques-San Martiño de Oleiros (300 ha), A Fonsagrada-Monteseiro (150 ha), Verín-Mourazos (9 ha) e A Estrada-Souto (20 ha).
A Garda Civil de Tráfico tamén do corte das estradas:
N-525 na contorna de As Estivadas
OU-533 na localidade de O Bolo