O subdelegado do Goberno agradeceu o apoio loxístico dos militares da BRIPAC desprazados en Melón

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo unha reunión cos efectivos da Brigada Paracaidista (BRIPAC) desprazados ao concello de Melón para prestar labores de apoio en evacuacións e tarefas loxísticas na loita contra os incendios forestais que afectan á provincia. Estivo acompañado do alcalde, Emilio Luis Díaz.

O subdelegado agradeceu o seu traballo aos militares e destacou o compromiso do Goberno con esta emerxencia, como amosa a recente mobilización de cen integrantes da BRIPAC e otros cen da BRILAT. A súa presenza na zona permite reforzar os dispositivos e garantir unha resposta rápida ante a evolución dos lumes.

Eladio Santos mantén un contacto permanente cos alcaldes e alcaldesas dos municipios afectados, co fin de avaliar os danos e coordinar as necesidades urxentes de cada localidade. O subdelegado destacou a importancia da cooperación institucional para garantir a seguridade da poboación e a eficacia na xestión da emerxencia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------