O Conservatorio e a Escola de Música de Ribadavia abren o prazo de matrícula extraordinario para o novo curso

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia informan da apertura do prazo de matrícula extraordinario para o curso académico 2025-2026, que estará dispoñible do 1 ao 10 de setembro, en horario de 10.30 a 13.00 horas, na secretaría do centro.

O centro ofrece unha ampla variedade de especialidades instrumentais, tanto no conservatorio profesional como na escola municipal, entre as que destacan: piano, guitarra, violín, viola, clarinete, frauta, saxofón, trompeta, trombón, trompa, tuba, bombardino e percusión.

Ademais, impártese formación complementaria, como linguaxe musical, orquestra de cordas, banda, coro, combo de música moderna, informática musical, harmonía ou historia da música, entre outras.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Escola Municipal de Música

Para os máis pequenos, a oferta inclúe o programa Música e Movemento, destinado a nenos e nenas de 3 a 5 anos. A matrícula para os menores de 3 anos será gratuíta para aqueles empadroados en Ribadavia. O prazo de matrícula estará aberto durante todo o mes de setembro.

No apartado de instrumentos, a formación está dispoñible a partir dos 6 anos, sen límite de idade. Destacan as modalidades:

  • Preiniciación ao instrumento: para nenos e nenas de 6 anos.
  • Iniciación ao instrumento: para nenos e nenas de 7 anos en diante.

Xornadas de portas abertas

O centro organiza xornadas de portas abertas para coñecer a oferta educativa:

  • Música e Movemento (3 a 5 anos): do 15 ao 18 de setembro, de 16.30 a 20.00 horas.
  • Instrumentos (a partir de 6 anos): do 15 ao 18 de setembro, de 16.30 a 20.00 horas.

Para máis información, pódese chamar aos teléfonos 618 745 794 ou 988 471 900 a partir do 1 de setembro, ou acudir á secretaría do centro, situada no 2º piso da Casa da Cultura, Avenida Redondela s/n.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------