Data: 11 de setembro
Lugar: Salón de Plenos do Concello do Carballiño
Asistentes:
Directiva da ANPA
Representantes do profesorado
Pais e nais
Concellería de Educación
Concellería de Seguridade
Directora do centro
Puntos tratados:
A ANPA, xunto con representantes do profesorado e familias, manifestou a súa preocupación pola situación actual do Conservatorio. Ata a data, non se presentou ningún informe técnico, médico, administrativo nin científico que certifique que o edificio é un espazo seguro e saudable para a actividade docente.
Aínda que o Concello asinou a acta de recepción das obras de mitigación de radon —documento que acredita a finalización dos traballos por parte da empresa—, devandito acto non garante por si só que o edificio estea en condicións óptimas.
Solicitudes da comunidade educativa:
Realización de medicións oficiais de radon tras as obras, mediante unha entidade acreditada, para verificar obxectivamente que os niveis se atopan por baixo do límite legal.
Emisión da correspondente autorización de uso do edificio, apoiada por informes técnicos que avalen a seguridade e salubridade do Conservatorio.
A ANPA e as familias consideran imprescindible contar con estas comprobacións e a certificación oficial que achegue respaldo administrativo e técnico. Só así se terá a certeza de que o Conservatorio reúne todas as condicións necesarias.
Confíase en que o Concello active estas medidas o máis axiña posible, para que alumnado, profesorado e persoal poidan desenvolver as súas actividades con todas as garantías. A ANPA seguirá de preto o proceso e manterá informada á comunidade educativa.
