A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria desta semana, vén de aprobar 13 asuntos cos que foron mobilizados un total de 224.181,51 euros. Para colaboración con concellos e organismos supramunicipais destínanse 100.324,01 euros, mentres que para entidades culturais e empresariais esta semana dedícanse 123.857,5 euros.
No que atinxe á colaboración municipal, a Mancomunidade do Ribeiro recibe 80.000 euros para a adquisición dun camión de recollida do lixo. O Concello de Bande ten asignada unha axuda de 15.500,09 euros para a mellora do salón de actos da Casa do Concello, mentres que o Concello de Boborás obtén unha axuda de 4.823,92 euros para cofinanciar proxectos paisaxísticos e a mellora do lavadoiro de Laxas.
Respecto á colaboración con entidades, a IXP Castaña de Galicia obtén 10.000 euros para gastos de funcionamento; Sarabela Teatro, para o FITO e MITEU, recibe 39.000 euros; a Asociación Cultural Musical Novo Camiño obterá 9.857,50; e a Agrupación Cultural Agromadas terá 2.000 euros para gastos de funcionamento. En materia deportiva, a Escudería Lobios Motorsport, para o Rallye Sprint de Lobios, percibirá 12.000 euros.
Para gastos de funcionamento da Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros concédenselle 11.000 euros e 40.000 euros para a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao coa mesma finalidade.
Por último, foron aprobadas tamén modificacións do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, a petición cos concellos de A Veiga, Avión e Allariz.