A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación local e proxectos do programa EmprendOU

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 300.000 euros en axudas para proxectos de cooperación local cos concellos e iniciativas empresariais e de autoemprego no rural no marco do programa EmprendOU. Con respecto a este programa, concedéronse cinco subvencións cuxa contía oscila entre os 7.000 e os máis de 8.000 euros para a posta en marcha doutros cinco proxectos relacionados con servizos de limpeza, actividades forestais e hostalería a desenvolver nos municipios da Peroxa, Riós, A Bola e dous deles en Entrimo.

No tocante á cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou as seguintes subvencións: Preto de 48.000 euros para o Concello de Avión con destino á reparación do firme na estrada Espiñeiro-Vilariño; máis de 61.000 euros para a reforma do centro de saúde de Beariz; 48.000 euros para a mellora de camiños na localidade de Castelerriña, en Chandrexa de Queixa; máis de 18.000 euros para o servizo de arquitectura municipal en Punxín; 48.000 euros para o acondicionamento de camiños municipais en Rairiz de Veiga; a mesma cantidade para as obras de reforma da Casa do Concello de san Xoán de Río; e 25.000 euros para un axente de emprego e desenvolvemento local en Trasmiras.

OZOCOgz Deseño Galego