O domingo 12 de outubro: Andaina solidaria na Peroxa:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello da Peroxa organiza, xunto coa Fundación Neuroburgas Dano Neurolóxico, a oitava
edición da Andaina Solidaria. Este evento, de carácter benéfico, terá lugar o Domingo 12 de
Outubro, con saída da Praza do Concello ás 09:30h.
Na xornada de onte presentouse o cartel oficial deste evento no edificio da Deputación
Provincial de Ourense, nun acto cheo de compromiso, deporte e ilusión. Asistiron Manuel
Seoane, alcalde da Peroxa, José Manuel Blanco, concelleiro do Concello da Peroxa, Quique
Álvarez, asesor de politica deportiva da Deputación de Ourense e Delfín Campos, presidente da
Fundación Neuroburgas.
A inscrición ten un custo de 8€, dos cales 5€ irán destinados á Fundación Neuroburgas, que
axuda, apoia e asesora a persoas e familiares que presentan dano neurolóxico. Tamén haberá a
opción de Fila 0, para os que queiran contribuír a causa se non poden participar no evento. A
inscrición farase na páxina web de CCNorte.
Neste evento solidario os participantes poderán elixir entre unha ruta de case 8 km e outra de
20km e terán avituallamento durante a ruta, ademais de música, pinchos e sorteo ao remate.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------