O Concello do Carballiño pon en marcha a prolongación da rúa Faustino Santalices cara a contorna de Señorín

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xunta de goberno do Concello do Carballiño aprobou onte o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da área de reparto 15 do PXOM, que permitirá prolongar a rúa Faustino Santalices e darlle saída cara as rúas Caridade e Alberte Vilanova, xa na contorna da parroquia de Señorín. Iste proxecto será un alivio para desconxestionar o tráfico no centro da vila, favorecendo a circulación de saída cara a rúa Ourense e a incorporación á estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) e o enlace coa autovía AG-53 (Dozón-Ourense).

A ampliación da rúa Faustino Santalices, que parte da traseira da Casa do Concello e na que están ubicadas a oficina municipal de Recadación, o departamento municipal de Servizos Sociais e as oficinas de Correos, terá uns 150 metros de lonxitude e, según apuntou o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, suporá un investimento aproximado de 300.000 euros.

O proxecto de urbanización manterá en esencia a estrutura do propio vial urbano, con beirarrúas de 2 metros de ancho e o pavimentado en adoquín e cemento impreso, ademais da zona destinada ao estacionamento de vehículos. Será o propio Concello carballiñés o encargado de executar as obras coa colaboración dos propietarios das fincas adxacentes, que deberán ceder parte da superficie.

Fumega lembrou que o goberno municipal leva traballando nesta iniciativa urbanística nos últimos dous anos e que conta cos informes favorables dos organismos públicos, unha vez realizadas as modificacións pertinentes.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------