Este sábado (día 25): “Viaxe Castelao: Un peregrinaxe cultural a Compostela no 75 aniversario da súa morte”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A viaxe, que ten como eixo central a exposición ‘Castelao, mirar por Galicia’ na Cidade da Cultura, presenta un programa completo que percorre lugares emblemáticos ligados á identidade galega.

Programa da Xornada

A saída terá lugar ás 9:30 horas dende o Instituto de Bacharelato de Ribadavia, coa chegada prevista a Compostela ás 11:00 horas para un café de benvida.

A visita cultural comenzará ás 11:30 horas no Museo do Pobo Galego, dunha maneira especial, xa que estará guiada polo historiador ribeirão e vicepresidente do Museo, D. Clodio González.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Ás 12:30 horas, os participantes coñecerán a famosa Escaleira cara ao ceo, o legado do arquitecto barroco Domingo de Andrade. Seguidamente, ás 13:00 horas, visitarán o Panteón de Galegos Ilustres, onde a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia realizará unha ofrenda floral na tumba de Castelao, como acto de homenaxe no 75º aniversario do seu falecemento.

O xantar terá lugar ás 14:00 horas no restaurante Paz Nogueira, o máis antigo de Galicia, ofrecendo unha parada para repor enerxías e disfrutar da gastronomía local.

A tarde estará dedicada á visita da exposición ‘Castelao. Mirar por Galicia’ na Cidade da Cultura (17:00 h), unha mostra fundamental para comprender a fondo a figura do polifacético autor.

A saída de volta a Ribadavia está programada para as 18:30 horas, cunha chegada estimada ás 20:00 horas.

Inscricións e Prezos

O prezo da actividade é de 30 euros para as persoas socias do Museo Etnolóxico e de 35 euros para as non socias.

As inscricións xa están abertas e deben realizarse a través do Museo Etnolóxico de Ribadavia, no teléfono 988 788 720 ou no correo electrónico mu.etnolozico.ribadavia@xunta.gal. A data límite para inscribirse é o xoves, 22 de outubro.

Advírtese que este programa podería sufrir lixeiras variacións no seu contido.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------