A Área de Medio Rural do Carballiño levou a cabo o asfaltado da pista ao núcleo de San Fiz do Barón

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Medio Rural do Concello do Carballiño vén de mellorar a mobilidade na pista a San Fiz do Barón. A concellería levou a cabo a limpeza e asfaltado desta vía, o que facilitará o desprazamento da veciñanza. As obras contaron coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense a través do programa CooperOU.

O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, destaca a labor realizada polo seu departamento en distintas zonas do municipio. “Día a día loitamos por mellorar o rural”, asegura. Esta actuación supuxo un investimento de máis de 28.000 euros dos fondos do devandito programa que promove a institución provincial.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------