II exposición de costura e homenaxe as labregas e labregos das aldeas do concello de Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O sábado 25 de Outubro desenvolveuse a II Exposición de Costura na Sala de Exposicións do Concello de Sandiás chea de veciños e veciñas das distintas aldeas do Concello. Grazas ás preto de 60 veciñas e  veciños do concello e comarca da Limia que acompañaron o traballo de 6 meses dun grupo nun traballo de creación colectiva ao redor dun oficio popular.  Presentou o evento a concelleira Pilar Cabrera  agradecendo o traballo de Geni Losada e a creatividade do grupo e entregándolle en nome do concello un colgante da fábrica de Sargadelos. Unha veciña, Andrea, representante do grupo do obradoiro fíxolle entrega tamén dun precioso ramo de flores en agradecemento polo seu traballo feito con xenerosidade e creatividade.

A Recolleita. Compartimos convosco o froito do noso traballo. Unha homenaxe aos labregos e labregas do concello

Igual que a I Exposición de Costura foi unha homenaxe aos xastres e costureiras da zona, esta II Exposición quixo ser unha homenaxe aos labregos e labregas das distintas aldeas do concello.  Según narrou Geni Losada, animadora do obradoiro durante seis meses e coa participación de 24 persoas, un recordatorio aos labregos, facendo mención e comparando un pouco ou seu traballo co  das costureiras que levan traballando no obradoiro do concello desde que comezamos no tempo da sementeira e agora presentan os froitos do seu traballo no tempo da recolleita.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A época do verán empezaba coa sega da herba no mes de xullo e terminaba coa recollida das patacas en agosto, as dúas faenas máis importantes e duras. Na exposicions houbo polo tanto, produtos do oficio do fío mesturados con produtos e obxectos das tarefas agrícolas como o xugo das vacas, manestrillas de castiñeiro, tegas, marmeladas, agrades, follas de outono, parras, garrafóns, porróns, sacas de patacas e millo, entre outras cousas símbolo das tarefas de outrora. A continuación os asistentes dedicaron tempo para observar e facer faladoiro sobre a exposición. Finalizamos todos no local social compartindo uns petiscos.

A exposición estará dispoñible para visitar con guía ata o 12 de Novembro na Sala de Exposicións da Casa de Cultura de Sandiás. Aberta os mércores e sábados dende as 19.00 h ata as 20.00 h.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------