O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) falla os premios dos Microrrelatos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

FOTO: Entrega de premios na 1ª Edición

Premios microrrelatos, segunda edición, organizados polo Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC).

            En Vigo, ás 17:00 horas do 4 de novembro de 2025, reuniuse no Hotel Cidade de Vigo o xurado designado polo Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC), formado polos seguintes membros: Dona Uxía Blanco Iglesias, dona Josefina Cid Garrido, don Xulio Dobarro Ferradás, don Manuel Rosales Cereijo e dona Carmen Rodríguez Cabanas, actuando como secretaria.

            Unha vez lidos os relatos presentados a concurso, e tras deliberación, o xurado acordou outorgar, por unanimidade, os seguintes premios:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

       Primeiro premio, dotado con 1.000€, ao microrrelato titulado “A cadeira de fondo”, que despois de abrir a súa plica corresponde a Pablo Pérez Gil.

       Segundo premio, dotado con 500€, ao microrrelato titulado “O reloxo do café”, que unha vez que se abriu a plica corresponde a David Fuentes.

        Terceiro premio, dotado con 250€, ao microrrelato que leva por título “Maruxía” que, aberta a plica, corresponde a Antonio Saco.

        Os premiados recibirán o premio e un diploma honorífico na próxima asemblea xeral de socios, que terá lugar o día 13 de decembro no Carballiño.

        Os textos dos microrrelatos premiados publicaranse no número 45 da revista Ágora do Orcellón.    


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------