O Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu na noite de onte o acto de entrega das ‘II Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025’, coas que a Diócese de Ourense recoñece o compromiso e a corresponsabilidade daquelas persoas e colectivos da provincia implicados no traballo e a dinamización cotiá da Igrexa. O sancristán da parroquia carballiñesa de Mesego, Evaristo Castro Piñeiro, e a Irmandade Penitencial e Confraría de Nazarenos da Vera Cruz do Carballiño, foron dous dos galardoados.

O bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, presidíu a cerimonia, acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a deputada provincial Patricia Torres, e representantes institucionais dos concellos vencellados aos galardonados. A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo e un coro infantil do Colexio Sagrado Corazón da vila carballiñesa foron os encargados de amenizar musicalmente a cerimonia.

O propio bispo da Diócese foi quen de entregar as medallas e os diplomas correspondentes, que nesta segunda edición recaeron na parroquia de Santa Mariña de Retorta (Laza); no devandito Evaristo Castro; o Colexio Plurilingüe Santo Ángel (Ourense); a catequista Gregoria Rodríguez Blanco, que non puido asisitir e a súa medalla foi recollida polo vicario José Rodicio; María Benita Rodicio, freguesa da parroquia de Santa Cristina de Caxide (Parada do Sil); Rosa María Carrasco Araújo, catequista e monitora de Nocedo do Val (Verín), e, finalmente, a Confraría da Vera Cruz, cuxo cofrade maior, Rafael Melero, recolleu o galardón xunto a outros integrantes da directiva da entidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS















