‘Amoras’, do Carballiño, gaña o premio de emprendedoras nos Premios do Comercio Galego 2025

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A tenda ‘Amoras’ do Carballiño, rexentada por Ana Rodríguez, fíxose acredora do primeiro premio ‘Comercio Emprende’ na gala dos Premios do Comercio Galego 2025, celebrada esta tarde en Santiago de Compostela. Iste proxecto de emprendemento de Ana Rodríguez naceu tras tomar o relevo nunha froitería, e conta con tres tendas abertas en O Carballiño e Maside, que, ademais da venda online, fai propostas orixinais, coma unha ‘fruit truck’ ou tamén arranxos de froitas para diferentes eventos sociais.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

O Premio Comercio Emprende recoñece ao establecemento impulsado por persoas xoves que ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada. Ademais de ‘Amoras’ o xurado tamén seleccionou os proxectos ‘A Casa Rodante’, con tenda física en Vigo e online, impulsada pola Asociación de Familiares de Personas con Parálisis Cerebral, e o proxecto ‘Tecidos Tolemia’, tenda e obradoiro de costura de Ames (A Coruña).

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de entrega destes galardóns.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Premios do Comercio Galego 2025

CategoríaGañadorLocalidadeFinalistas
 Premio Comercio Galego Creativas Galegas Santiago de Compostela Alba Lazarí (Cangas) e Ceibe Barefoots Shoes (Arteixo) 
 Premio Comercio TraxectoriaPanadería Pallares Lugo Confecciones García (Lugo) e Miranda Moda (O Barco de Valdeorras) 
 Premio Comercio Emprende Amoras O Carballiño e Maside (Ourense) A Casa Rodante (Vigo) e Tecidos Tolemia (Ames, A Coruña) 
 Premio comercio dinamización Viveiro Centro Comercial Histórico Viveiro (Lugo) Asociación Boirense de Empresas (Boiro, A Coruña) e Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo – Acisa (Ribadeo, Lugo).
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------