O grupo municipal de Espazo Común vén de propoñer que a Corporación do Carballiño amose unanimidade en contra da centralización no Pazo de Xustiza de Ourense da instruccción dos casos de violencia de xénero que se rexistren na comarca.
A entrada en vigor do Real Decreto 422/2025, de 3 de xuño supón que a xurisdicción da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Ourense se extenda ao resto de partidos xudiciais da provincia, entre eles o do Carballiño. “Na práctica, isto vai supor a centralización na capital e a desparición no resto de comarcas das competencias nesta materia para estes xulgados”, apuntan dende Espazo Común.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Engaden que “os perxuizos para as vítimas de violencia de xénero son moitos e inxustos. A unha situación de vulnerabilidade emocional e económica haberá que sumarlle o ter que desprazarse para trámites que ata agora se podían desenvolver no Carballiño”. Lembran que “tanto o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense coma o Ilustre Colexio de Procuradores de Ourense están a denunciar esta situación que ten que ter un altofalante claro nas comarcas afectadas”.
Por totdo elo, Espazo Común proporá na sesión plenaria do vindeiro xoves día 27 “a sinatura dunha declaración institucional por parte de tódolos partidos da Corporación carballiñesa para frear esta iniciativa e manter cantos máis servizos de atención ás mulleres vítimas de violencia sexa posible no noso pobo”.

















