Este martes na Facultade de Comunicación da UVIGO: Presentación do libro “As fotos de Lola”, unha mirada con perspectiva de xénero no 25N

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, este martes 25 de novembro terá lugar na Planta Baixa ás 11:30 horas a presentación do libro “As fotos de Lola”, de Lola Veleiro.

Esta obra, un recompilatorio fotográfico a cargo de Miguel Anxo Fernández, preséntase como unha ferramenta para fomentar a inclusión da perspectiva de xénero no ámbito da docencia e a investigación, convidando á reflexión a través do poder da imaxe.

O acto contará coa intervención de:

Miguel Anxo Fernández: Escritor, crítico de cinema e autor do libro, que nos achegará á figura de “Lola, a muller con cámara”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cristina Martínez: Alumna de 4º curso de Comunicación Audiovisual, quen analizará “A mirada simbólica de Lola”.

Jorge Lens: Docente e fotógrafo, que ofrecerá a súa perspectiva sobre “A mirada serena”.

A presentación estará moderada e organizada por Anna Amorós, docente da Facultade de Comunicación.

Unha cita ineludible para abordar, desde a cultura e a educación, a loita pola igualdade e contra a violencia machista.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------