A Praza Maior de Ribadavia acolleu este mediodía o acto conmemorativo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. As concelleiras Yolanda Gómez, Clara Loeda, Maite Rodríguez e Berta Travieso deron lectura ao manifesto institucional contra a violencia machista, no que se condenou “cada acto, cada agresor e tamén a quen nega, minimiza ou xustifica a existencia desta violencia”.
O acto tamén incluíu un minuto de silencio en recordo das vítimas -no que vai de ano, 32 mulleres foron asasinadas en España-, ademais dunha actividade de concienciación realizada polos nenos e nenas do CRA Amencer.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















