O PPdeOU conmemora o 25N cunha mensaxe de esperanza e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

·       Desde a vicesecretaría de Igualdade organizouse, un ano máis, un acto para reivindicar o compromiso do Partido Popular na loita contra a eliminación da violencia de xénero, “unha das lacras sociais máis aberrantes que estamos a padecer actualmente”, dixo o presidente provincial, Luis Menor

·       Coa participación da vicepresidenta do PPdeOU, Marta Nóvoa; da secretaria provincial, Sandra Quintas e da vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, deuse lectura a un manifesto diante dunha árbore na que a xente foi pegando mensaxes de apoio ás vítimas

·       Neste sentido, Luis Menor salientou que esta imaxe simboliza o futuro no que “cremos e que queremos construír entre todos. Ogallá prenda fortes raíces, que sexan o pilar sobre o cal soster a sociedade do futuro”

24, novembro, 2025. O PPdeOU conmemorou hoxe, na rúa do Paseo, o 25N lanzando unha mensaxe de esperanza e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero. O acto, organizado desde a vicesecretaría de Igualdade do partido, pretende reivindicar o compromiso do Partido Popular na loita contra a eliminación da violencia de xénero, “unha das lacras sociais máis aberrantes que estamos a padecer actualmente”, dixo o presidente provincial, Luis Menor.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Xunto ao presidente do PPdeOU, participou a vicepresidenta do PPdeOU, Marta Nóvoa; a secretaria provincial, Sandra Quintas, quen deu lectura ao manifesto; e a vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, que agradeceu a participación da xente na rúa que amosou, un ano máis, o seu compromiso con esta loita a través deste acto que simboliza a identidade “do noso partido: aberto, igualitario e real”, dixo Menor.

Na lectura do manifestou, insistiuse na necesidade de que os partidos políticos e as administracións se loite contra a violencia machista e a protección das vítimas, incidindo na prevención e na coordinación entre as administracións para que as mulleres vítimas reciban a atención e apoio integral especializado. Así como, garantir que se cubran todas as súas necesidades e que teñan acceso a unha xustiza de proximidade como garante dunha protección integral en igualdade.

Nesta ocasión, o PPdeOU instalou unha árbore fronte ao antigo Banco de España para que a xente que pasara pola rúa se unira a este manifesto pegando as súas mensaxes de apoio ás vítimas nesta “árbore da vida” que simboliza o futuro no que “cremos e que queremos construír entre todos. Ogallá prenda fortes raíces que sexan o pilar sobre o cal soster a sociedade do futuro”, salientou Menor.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------