O esforzo e superación educativa de Icía Nogueira Crespo faille acredora do Premio Arenteira nesta 14ª edición

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xurado dos XIV Premios Arenteira otorgará a Icía Nogueira Crespo o seu recoñecemento, tomando en consideración a situación persoal desta rapaza que estudia 2º da ESO no IES Nº 1 do Carballiño e o seu compromiso de Esforzo e Superación Educativa.

Icía Nogueira, que en pouco tempo será unha mociña de 16 anos, padece un grao de discapacidade do 79% que lle supón un retraso global do desenrolo, sendo totalmente dependente para as actividades básicas da vida diaria. Por elo, debe asistir periódicamente a centros especializados de Ourense e Lalín para participar en sesións de terapia multisensorial, ocupacional, fisioterapia, logopédica, osteopática e acuática.

“A súa situación médica e funcional, con infinitas limitacións, convértese nun punto de partida desde o cal ela mesma, coa axuda da súa familia e do equipo educativo, constrúe día a día unha historia de vida marcada pola ilusión, a valentía e o compromiso coa aprendizaxe”, salientaron os integrantes do xurado na acta de concesión do premio.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este galardón dos Arenteira foi creado para premiar a aqueles alumnos da ESO, ciclos formativos da Formación Profesional e Bacharelato que, ademais da súa actividade coma estudantes dos diversos centros de ensino das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, sofren atrancos na vida cotiá que lle impiden o desenvolvemento normal das súas vidas e dos seus achegados.

O premio seralle entregado a Icía Nogueira o vindeiro venres, 28 de novembro, no decurso da gala dos Premios Arenteira correspondentes a esta 14ª edición, que terá lugar no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Un acto ao que están convidados tódolos compañeiros e amizades desta rapaza e tamén a veciñanza do Carballiño e O Ribeiro que desexen acompañala nesta data tan significativa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------