O Psdeg de Punxín lamenta o nulo compromiso do grupo de goberno coa igualdade

IES CHAMOSO LAMAS

As concelleiras socialistas lamentan que Punxín sexa novamente o único concello
da Comarca que non realiza nin un só acto para conmemorar o 8M Día
Internacional da Muller.
Dende o Grupo Municipal Socialista lamentan que o concello de Punxín sexa o único da
comarca que non realiza nin un so acto para conmemorar o día 8 de Marzo, Día
Internacional da Muller.
As Concelleiras socialistas, Lorena Peleteiro e Lourdes González, veñen de presentar
esta mesma mañá unha moción na que solicitan “o firme compromiso do Concello de
Punxín coa igualdade de xénero”, e recorda a voceira socialista, Lorena Peleteiro, “o
que non fai o Grupo de Goberno facémolo nós”.
Para a voceira socialista, Lorena Peleteiro, “é imprescindible loitar pola igualdade os
365 días do ano”, e recorda o firme compromiso do PSdeG de Punxín coa igualdade,“a
igualdade practícase, non se predica, por iso tanto os cargos orgánicos da agrupación
socialista de Punxín, como os cargos institucionais, ocúpamolos mulleres, mulleres cun
claro compromiso coa igualdade”