O pleno ordinario da Corporación Municipal do Carballiño aprobou hoxe, cos votos a favor de PP e Espazo Común e en contra do PSdeG-PSOE, unha moción presentado polo grupo popular na que se rexeita o Real Decreto do Goberno polo que se centraliza toda a instrución dos casos de violencia de xénero nas cidades e en detrimento dos xulgados comarcais.
Na mesma sesión plenaria, correspondente ao mes de novembro, o equipo municipal de goberno (PSdeG-PSOE e PP) tumbaban dúas propostas de Espazo Común. Na primeira, solicitaban a anulación do derrubo da actual estación de autobuses para a construción do novo Centro de Saúde, mentres que na segunda pedían un plan de arranxo das zonas inundables existentes no casco urbano do Carballiño.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Tódolos grupos da Corporación amosaron o sue apoio unha bonificación do 75% no imposto de construcións (ICIO) para a licencia de obras da nova residencia da asociación de discapacitados intelectuais Aspadisi. Asemade, ao inicio da sesión, guardouse un minuto de silencio polo falecemento de Angel Anta Vázquez, que fora funcionario e secretario en funcións do Concello do Carballiño.
















