Viana do Bolo recupera o esplendor do seu emblemático Pilón da Praza Maior

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Despois de oito meses , o concello de Viana do Bolo celebrou a finalización do proxecto de restauración do Pilón da Praza Maior, un dos monumentos máis queridos e representativos da vila, que xa luce de novo no seu esplendor.

A actuación, longamente agardada pola veciñanza, permitiu devolver ao pilón a súa dignidade orixinal. O magnífico traballo de arranxo e reconstrución realizado polos especialistas foi tan minucioso que “apenas se aprecia a diferenza entre a pedra danada e a orixinal”, logrando así unha integración perfecta que respecta a historia e a estética do conxunto.

Un símbolo con historia

Máis aló da súa beleza, o Pilón é un cargado de memoria. Este emblemático monumento foi construído en 1856 cun profundo significado histórico: erixiuse en honra dos demócratas liberais que, no outubro de 1830, se rebelaron para loitar contra o absolutismo do rei Fernando VII. Aqueles valentes foron reducidos e executados precisamente no lugar que hoxe ocupa a Praza Maior.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Coa súa restauración, non só se recupera a pedra, senón que se pon en valor a importancia deste “emblema da nosa cultura e historia”, un recordatorio vivo do pasado que entre todos e todas debemos coidar e respectar.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------