O obradoiro de coroas de Nadal xa completou as prazas e os de setas e conservas intercambian as súas datas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Área da Muller e Igualdade do Concello do Carballiño vén de propoñer para o actual mes de decembro a celebración de tres obradoiros orientados á participación de mulleres do municipio e que teñen carácter gratuíto, un orientada ao Nadal e outros dous de carácter gastronómico. As tres citas desenvolveranse no local ubicado no segundo andar da Casa do Concello.

Así, para os días 9, 10 e 13 de decembro está previsto un obradoiro de elaboración de coroas de Nadal, que terá lugar de 16,30 a 18,30 horas e cun número de 10 prazas para cada unha das quendas, facendo un total de 30 que xa foron completadas, polo que o departamento da Muller abríu unha lista de agarda para cubrir posibles baixas.

Por outra banda, os obradoiros de cultivo de setas e elaboración de conservas trocan as datas previstas, ao abeiro das peticións formuladas polas propias solicitantes de praza. Deste xeito, o taller de conservas pasa a celebrarse o 15 de decembro de 16,00 a 19,00 horas, mentres que o de cultivo de setas trasládase ao sábado, día 20, en horario de 10,00 a 13,00 horas, cada un deles con 20 prazas ofertadas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As persoas interesadas en participar nestes dous obradoiros poden inscribirse no propio CIM, situado nas dependencias de Servizos Sociais, na rúa Faustino Santalices, ou chamando ao teléfono 988.531.076.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------