O Concello do Carballiño dá o visto bó ás obras de mellora na drenaxe das augas pluviais na avenida do Arenteiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño vén de recepcionar as obras de mellora da drenaxe de augas pluviais na contorna do aparcamento de vehículos da Avenida do Arenteiro, xunto ao Parque Municipal, unha intervención necesaria para resolver as acumulacións de auga que se producían puntualmente durante episodios de choiva intensa.

A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, salienta que “esta actuación permitiu solucionar un problema histórico no estacionamento, gañando en seguridade e comodidade para os veciños, veciñas e visitantes que utilizan este espazo a diario”. A obra foi financiada íntegramente por Augas de Galicia.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A intervención incluíu a mellora da recollida de augas pluviais mediante a construción dunha arqueta de reunión, a instalación dunha nova tubaxe de condución e dun sumidoiro na zona pavimentada, así como a colocación dunha canalización que leva a auga directamente ao río Arenteiro. Todos estes traballos completáronse dentro do prazo previsto.

“Desde o Concello seguimos apostando pola mellora dos servizos públicos e agradecemos a colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das obras”, engadiu Torres.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------