O Concello do Carballiño impulsa este domingo, 14 de decembro, o ‘XX Día da Bici’ en colaboración con +Deporte La Región, o Ximnasio Korpore e o club ciclista Carballiño Sobre Rodas. A actividade, gratuíta, está dirixida a poboación de todas as idades co obxectivo de desfrutar dunha xornada familiar, deportiva e divertida, na que haberá agasallos, sorpresas e animación musical. “Este ano fixemos algúns cambios, temos tres carreiras diferentes por idades, pensadas para os máis pequenos, os rapaces e os adultos”, detalla José Castro, concelleiro de Deportes.

As tres probas comezan ás 11,30 horas na Praza da Veracruz. A carreira dos máis pequenos realizarase dentro do entorno da Veracruz; a dos rapaces (ou adultos que prefiran un percorrido máis curto) é de 4 kilómetros, con volta polo Parque Municipal, e a máis longa, de 8 kilómetros, chega a Mesego e regresa. “Quitamos a subida ao Chamoso e faremos unha volta arredor da Residencia de Tempo Libre”, indicou José Castro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A inscrición, que permite acceder ao sorteo, pode realizarse a través da páxina Press Club La Región ou na propia Veracruz antes da saída. Porén, a participación é aberta a toda a poboación.

















