A piques de rematar este 2025 e, con el, o mandato do Concello de Ribadavia na Red de Juderías–Caminos de Sefarad por medio do seu alcalde, César Fernández, o rexedor apura os últimos intres do ano para seguir traballando a prol da institución que este ano cumple o seu 30º aniversario.
César Fernández, como presidente da Red, visitou hoxe Lucena con motivo do 14º aniversario do reenterramento da Necrópole Xudea da localidade. O alcalde do municipio, Aurelio Fernández, agradeceu a visita así como o traballo desenvolto pola Red a favor do mantemento e difusión do legado do seu municipio e as distintas asambleas desenvoltas pola institución.
A presidencia da Red durante este 2025 de Ribadavia evidencia a relevancia da vila e a súa proxección como referente patrimonial e cultural. Ademais, co traballo desenvolto por César Fernández como presidente, de maneira incansable incluso estando a piques de pechar o seu mandato; beneficia ao conxunto de membros e, como non, en especial a Ribadavia, aumentando os seus lazos con outras localidades á vez que se incrementa a visibilidade do seu rico patrimonio histórico e cultural.
















