O BNG denuncia o vertido de combustible do “Prestige da Limia” na lagoa de Antela e esixe actuación inmediata das administración.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sarreaus, 18 de decembro  de 2025. O Bloque Nacionalista Galego volveu denunciar publicamente a grave situación ambiental que se está a vivir na contorna da lagoa de Antela, no concello de Sarreaus, tras observarse un gran vertido de combustible procedente do barco afundido hai máis de vinte anos, coñecido como o “Prestige da Limia”.

O portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, advertiu desde a charca de Feldespatos que “se cumpriu o prognóstico que faciamos xa no mes de agosto”, ao observarse un cambio significativo na cor da auga que indica que o material contaminante do interior da embarcación está a liberarse  ao medio de forma masiva. “Descoñecemos de quen é a responsabilidade directa, pero alguén terá que asumila e tomar medidas de maneira inmediata”, subliñou.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Varela cualificou de “lamentable” que, tras dúas décadas de abandono do barco afundido, e despois de reiteradas advertencias do BNG a nivel local, provincial e autonómico, non se actuase a tempo para evitar esta situación. “Agora falamos de actuacións moito máis custosas, tanto desde o punto de vista am

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

biental como económico, fronte ao que tería suposto intervir cando se alertou do risco”, afirmou.

O portavoz provincial advertiu tamén de que non actuar supón deixar a resolución do problema “en mans da propia natureza”, unha opción que cualificou de inaceptable, e anunciou que o BNG volverá levar esta cuestión ás institucións galegas e ao Estado para que se determine quen ten a responsabilidade de actuar e se deteña de inmediato o vertido.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG en Sarreaus, Agustín Martínez, lembrou que esta situación foi advertida reiteradamente no Concello. “Avisouse unha e outra vez ao alcalde de que había que facer algo. Recoñeceuse o problema, pero non se fixo absolutamente nada, porque non facer nada é o traballo máis livián”, denunciou.

Esta nova denuncia prodúcese despois de que no pasado mes de agosto o BNG xa alertase do perigo ambiental que supón a presenza desta embarcación parcialmente afundida na lagoa de Antela, que contén máis de 5.000 litros de gasoil e leva dúas décadas filtrando contaminantes nun dos espazos naturais máis sensibles da Limia. Daquela, o BNG sinalou o abandono das administracións e a falta de actuación da Xunta de Galiza, así como a ausencia de obrigas impostas á empresa propietaria para retirar os restos e deter o vertido.

Desde o Bloque Nacionalista Galego esíxese unha vez máis a retirada inmediata do barco afundido, a descontaminación da zona afectada e a restauración ambiental da lagoa de Antela, así como a asunción de responsabilidades por parte das administracións e entidades implicadas .

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------