Un incendio eléctrico no cadro de contadores dun edificio de C/ República Arxentina provocou unha rápida mobilización dos servizos de emerxencia esta mañá. O lume, que se orixinou no cuarto de contadores da planta baixa, xerou unha densa columna de fume debido á combustión de material eléctrico e plástico, que comezou a ascender polas escaleiras e a filtrarse polas plantas superiores.

A rápida intervención dos Bombeiros do Carballiño e o Servizo de emerxencias do Carballiño foi crucial. En poucos minutos lograron sofocar o lume, evitando que o incendio se propagase ás vivendas. Mentres, a Policía Local asistiu aos veciños, axudándolles a desaloxar de maneira preventiva e entregándolles mantas térmicas para paliar o frío da xornada.
Como medida de seguridade, os residentes dos pisos superiores foron confinados nos seus fogares ou terrazas durante os labores de extinción e ventilación. Os bombeiros utilizaron compresores para ventilar e eliminar o fume acumulado nas zonas altas do edificio.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Grazas á coordinación efectiva entre Bombeiros, Servizo de emerxencias e Policía, o incidente controlouse con celeridade sen que se rexistrasen feridos nin danos persoais. O operativo permitiu aos veciños regresar ás súas vivendas unha vez despexado o fume e verificada a seguridade do inmoble.

















