O Concello de Ribadavia énchese de música na última fin de semana do ano. A programación cultural de Nadal propón tres citas musicais para público de todas as idades: o concerto de fin da xira “Mintiéndome a la cara” de Pablo Vila y Los Tripulantes, “Unha viaxe ao corazón dos contos” e o concerto de Marty’s Band.
A Praza de San Xoan recibe esta tardiña, a partir das 19,30 horas, o concerto de fin da xira “Mintiéndome a la cara” de Pablo Vila y Los Tripulantes. A banda, de estilo pop-rock, está liderada polo músico vigués Pablo Vila e ofrece un potente directo que non deixará indiferente ao público.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A Casa da Cultura acolle mañá dous pases de “Unha viaxe ao corazón dos contos”, ás 17,00 e ás 19,30 horas. O público poderá desfrutar de A Lira de Ribadavia acompañada de Pablo Pérez, Elisa Nóvoa e Christian Casas, así como do Coro EnHarmonía e do alumnado da Escola Mestre Veneroni. O concerto é gratuíto para socios, aínda que é necesario realizar a reserva de praza. Para o público xeral, ten un custe de 3 euros.
O domingo, será a quenda de Marty’s Band, que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 19,00 horas na Casa da Cultura. O grupo propón ao público unha viaxe no seu delorean para revisitar os grandes éxitos musicais do pasado, do presente e do futuro. A entrada é de balde.
















