Cine Club proxecta este venres a película británica “On falling” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño abre a súa programación de 2026 o vindeiro venres, día 9, coa película británica “On falling”, dirixida pola realizadora portuguesa Laura Carreira. Aurora é unha muller portuguesa inmigrante que traballa nun gran almacén de Escocia. Atrapada entre os muros do seu centro de traballo e a soidade do seu piso compartido, trata de resistir ao illamento, á alienación e á charla trivial que comezan a ameazar a consciencia de si mesma, nun entorno dominado por unha economía baseada en algoritmos e deseñada para manternos separados. Cine social en estado puro, expón a dura situación da clase obreira no actual sistema.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O filme valeulle á súa directora a Concha de Plata á Mellor dirección no Festival de San Sebastián, así como o Premio á mellor ópera prima no BFI de Londres. Sen dúbida, un gran debut da directora portuguesa afincada en Escocia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os pases serán os dous en VOS en castelán, tanto ás 20,00 como ás 22,30 horas, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------