O Xeodestino Ribeiro-Carballiño presentará mañá o seu proxecto ‘Sabedoras’ na feira internacional FITUR

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Sabedoras, cociñas e cociñeiras memorables do Ribeiro-Carballiño” é un proxecto de investigación antropolóxica centrado na cociña tradicional das dúas comarcas e das súas valedoras: as mellores cociñeiras do rural, promovido polo Xeodestino Ribeiro-Carballiño, e que mañá, xoves 22 de xaneiro, presentarase ás 16,10 horas no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (FITUR’2026).

“Nos últimos meses, o noso Xeodestino viviu unha auténtica explosión de emotividade. Empeñámonos en homenaxear a unhas mulleres que dedicaron a súa vida aos fogóns. Avoas que, con todo o agarimo do mundo, esforzáronse para ofrecernos unhas receitas tradicionais que non só merecen seguir vivas na nosa memoria, senón tamén dar o salto ás cartas dos nosos restaurantes, pois son a esencia do territorio”, apuntan dende a xerencia do Xeodestino.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na pasada edición de Xantar, causaron sensación. Así, o pasado mes de novembro, o stand deste destino turístico de Galicia, no marco do 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico (Xantar), que se celebrou en Expourense, foi o escenario escollido para a entrega dos diplomas de recoñecemento ás mulleres ‘sabedoras’ dos diferentes concellos do Ribeiro e O Carballiño, entre elas as tres cociñeiras carballiñesas Ana Corral, de Cafés La Carballiñesa; María José Cerviño, de Confitería Cerviño, e Pilar Fuchela, de Pulpería Fuchela.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------