O profesorado do IES García-Barbón manifesta a súa indignación ante a situación de desamparo e risco durante a recente alerta laranxa por neve

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOTA DE PRENSA DO PROFESORADO DO IES GARCÍA-BARBÓN

O claustro de profesorado do IES García-Barbón quere manifestar a súa profunda indignación ante a situación de desamparo e risco á que nos vimos sometidos durante a recente alerta laranxa por neve durante a xornada do día de hoxe, venres 23 de xaneiro. 

Ante a suspensión das actividades lectivas e do transporte escolar no día de onte para a xornada do venres, a Consellería de Educación mantivo a obriga de asistencia do profesorado aos centros. Por esa razón, queremos denunciar publicamente os seguintes feitos:

1. O protocolo é ambiguo e traslada o risco ao traballador.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O protocolo actual establece que o profesorado debe acudir “sempre que poidan acceder ao posto de traballo en atención ás circunstancias de acceso pola estrada”. Esta directriz é unha temeridade, e ao docente a expoñerse a unha situación de risco. Un protocolo de seguridade non pode ser interpretable nin depender da pericia ou a sorte de cada condutor individual. As normas e as instruccións deben ser claras e non xerar dúbidas.

2. O dobre estándar de seguridade: O noso risco non importa?

Celebramos que se vele pola seguridade do alumnado suspendendo o transporte e as clases, pero parécenos insultante que non se aplique o mesmo criterio para o persoal docente e non docente. Acaso as condicións meteorolóxicas adversas só son perigosas para os autobuses escolares? A integridade física dos docentes ten menos valor para a administración? O perigo na estrada é o mesmo para todos.

3. Improvisación, apelación ao “sentido común” e ameazas de sanción

Ante as nosas dúbidas e preocupacións, a resposta obtida por vía telefónica dende a Dirección Territorial foi que “a norma está clara” e que debemos apelar ao “sentido común”. Por se fose pouco, transmitíusenos a idea de que “aqueles que non acudan ao seu centro, terán a súa sanción correspondente”. Condenamos rotundamente esta postura e considerámola indignnante. A seguridade laboral en situacións de emerxencia climática non pode delegarse no “sentido común” ou na decisión individual de cada persoa baixo presión, e moito menos se poden producir ameazas deste estilo. A administración ten a obriga de ditar normas e directrices precisas que eviten desprazamentos innecesarios en momentos de perigo declarado.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por todo o exposto, esiximos unha revisión inmediata do protocolo de alertas meteorolóxicas para que, en situacións de alerta laranxa a suspensión da asistencia sexa tamén extensiva ao profesorado e evite desprazamentos que poñan en risco a nosa seguridade, así como a creación dun permiso específico por alerta meteorolóxica.

Por último, queremos deixar claro que isto non é un feito illado, senón unha mostra máis do abandono sistemático e a falta de consideración que sofre o profesorado por parte da Consellería. Por esta e moitas outras razóns, a partir da semana que vén continuaremos loitando e mobilizánndonos desde as Asembleas Abertas do Profesorado.

O Profesorado do IES García-Barbón

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------