O Concello de Ribadavia conmemora hoxe o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto co acendido dun candelabro no Museo Sefardí. A vila, como membro da Rede de Xudarías de España, únese á comunidade internacional para recordar o aniversario da liberación de Auschwitz-Birkenau e para reafirmar o seu compromiso ético.
“Lembramos hoxe os seis millóns de homes, mulleres e nenos xudeus cuxas vidas foron truncadas pola barbarie. Lembramos tamén os centos de miles de vítimas doutros colectivos perseguidos polo odio e a intolerancia, así como ás persoas españolas que sufriron o horror do sistema concentracionario”, apuntan desde o goberno local.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O acendido das candeas recorda a memoria das persoas que xa non están, pero tamén supón un chamamento á responsabilidade colectiva de construír cidades onde o respecto, a dignidade e a convivencia sexan a base da democracia.

















