O actor Pepe Viyuela abrirá a finais de marzo a segunda edición do festival ‘O Clownconcurso’ do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O festival ‘O Clownconcurso’ chegará ao Carballiño na súa segunda edición, na última semana do vindeiro mes de marzo, cunha aposta decidida pola combinación de formación teatral e espectáculos en directo para o público en xeral. Nesta ocasión, cun convidado de excepción, o actor e humorista Pepe Viyuela, que será o encargado de abri-la programación o luns 30 de marzo.

O festival foi presentado na mañá de hoxe na Casa do Concello polo edil de Cultura, Diego Fernández, e o director do evento, Jouse García. “Para nós é unha gran ledicia que veña Pepe Viyuela á nosa vila para inaugurar o festival e, tamén, a celebración da nosa Semana Santa”, apuntou o concelleiro, que agradeceu ao tamén carballiñés Jouse García a súa aposta polo desenvolvemento no eido teatral do clown.

Pola súa banda, o director do ‘Clownconcurso’ lembrou os inicios do seu traballo “na creación e difusión de espectáculos de clown, que o ano pasado se concretaron neste festival, coa convocatoria dun concurso para o que xa temos propostas chegadas dende Barcelona, País Vasco, Salamanca e, por suposto, de Galicia, e para as que en vindeiros días faremos unha selección”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A actuación de Pepe Viyuela, o 30 de marzo, terá lugar no Auditorio Manuel María ás 20,30 horas, e as persoas interesadas en asistir xa poden mercar as súas entradas en Futboleros Carballiño, Eniac Informática e Carlin Carballiño, tendo en conta que, inicialmente, se puxeron á venda un total de 300 localidades. García adiantou que do martes 31 e o sábado 4 de abril desenvolveránse as funcións cara o público das obras seleccionadas.

Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

José Viyuela Castillo (Logroño, 1963), máis coñecido como Pepe Viyuela, é un actor, pallaso, humorista, poeta e escritor, que foi galardonado en 2013 co Premio Ondas ao mellor intérprete masculino de ficción nacional, polo seu papel como Chema Martínez na serie de televisión “Aída”, e en 2016 co Premio Max ao mellor actor de teatro pola obra “Rinoceronte”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------