Acto para devolverlle presenza á memoria do gaiteiro Luís Soutullo Iglesias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

QUE NON QUEDE CALADO O RECORDO

Restaurando a memoria lingüística de Galicia

O domingo, 8 de febreiro de 2026, na parroquia de Lira (Salvaterra de Miño), celebrouse un acto sinxelo pero fondamente emotivo: devolverlle presenza á memoria do gaiteiro Luís Soutullo Iglesias poñéndolle palabras ao recordo. Sobre a lápida en galego, instalada no marco da campaña “En galego, agora e sempre”, que a AFNLG promove desde hai anos en colaboración co concello e outras entidades, incorporouse unha pequena pero poderosa ferramenta: un código QR para descargar a súa biografía.

Non é só un recurso tecnolóxico; é unha forma de afirmar que a lingua é herdanza, que o respecto tamén se escribe e que as vidas que fixeron comunidade merecen seguir ao alcance de quen pasa, de quen volve e de quen pregunta.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A biografía, escrita por Xerardo F. Santomé e editada por Gaiteiros de Xistra (2025), convértese así nunha chave para manter viva a memoria. Convidamos a veciñanza e a toda a cidadanía a achegarse ao cemiterio de Lira para recuperar un anaco do recordo e facer que non quede calado.

Que a música siga soando!

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------